Siongal en Medios
A galega Siongal presenta un servizo en liña para tirarlle o máximo partido á nosa publicidade
Martes, 15 de Febrero de 2011 12:54

Medio:

Edición: Digital

Fecha de Publicación: 14-01-2011

Ver artículo edición digital

A publicidade ten que orientarse cara a onde está centrada a atención do consumidor. De intensificarse un pouco máis do debido, ou de non ter o deseño ou acubillo máis axeitado, aos nosos ollos será pouco máis que spam. Isto acontece así na vida real, e tamén na dixital: non vale con querer facer promoción dos nosos produtos, hai que ver moi ben como e onde se fai, e, de facelo na Rede, estudar onde están hoxe os usuarios e onde estarán o día de mañá. Segundo informa Galicia Hoxe, a procura de innovadores e eficaces métodos de promoción é o gran obxectivo da firma galega Siongal, e a esta estratexia responde precisamente un recurso propio de seu, Siongal E-Business, modelo de publicidade que combina diversas estratexias de márketing para despregar unha rede comercial en Internet, encargada de difundir as mensaxes dunha empresa nas canles de comunicación que máis empregue o seu público obxectivo.

Leer más...
 
Siongal E-Business, a promoción na rede
Martes, 15 de Febrero de 2011 12:44

Medio:

Edición: Impresa y Digital

Fecha de Publicación: 14-01-2011

Ver artículo edición impresa

Ver artículo edición digital

Despregar en Internet unha rede comercial feita á medida das empresas que operan no sector industrial é o principal obxectivo de Siongal E-Business, o novo modelo de publicidade en liña que acaba de desenvolver a empresa galega Siongal e que, conforme informa nun comunicado, "combina diversas estratexias de publicidade e promoción on-line e off-line para despregar unha rede comercial en internet, encargada de difundir as mensaxes dunha empresa nas canles de comunicación consultadas polos seus públicos obxectivo: buscadores de internet, redes sociais e profesionais, portais web, blogs, foros, etc".

Leer más...
 
<< Inicio < Prev 1 2 Próximo > Fin >>

Página 2 de 2